Sobre Nós
Acento Galego é un estudio creativo fundado en 2018 en Cedeira, A Coruña. O seu obxecto foi crear un posto de traballo para María Villar á sua volta de Barcelona. Un no que sentise que facía o que tiña vido a facer ó mundo, onde volver a sentir que encaixaba e onde puidese desenvolver as súas habilidades de forma libre. Dende pequena foi unha nena con inquedanzas e habilidades en ámbitos moi diferentes, por iso estudiou Imaxe na escola de Imaxe e Son da Coruña, traballou como fotógrafa en La Voz de Galicia, mais adiante estudiou Deseño de Interiores en Madrid e despois un Máster en Deseño e Comunicación en Barcelona. Alí comezou a deseñar apps aproveitando o tirón dunha industria emerxente e con moitas posibilidades. Logo de 6 anos aló decideu voltar a Galicia e atopar unha maneira de expresar a través de todos eses coñecementos aparentemente dispares, pero que lle axudan a ter unha visión global das cousas, a non rendirse nunca e loitar polo que sinte dentro que ten que facer. Acento Galego xurdeu con afán de posta en valor, de desacomplexamento e de impulso ó rural galego a través do deseño, a alegría e a ilusión por aportar. Se ves polo noso estudio estaremos encantados de ensinarche o lugar dende onde xurden os nosos proxectos e como facemos as cousas. Asegurámosche que che gustará e comprenderás o porqué de mercar en un proxecto coma o noso, onde detrás de esta pantalla hai unha persoa que traballa cada día con moita ilusión por enviar unha mensaxe de esperanza.