Taza esmaltada San Andresiño- Amuleto da Saúde e a Amizade (San Andrés)
Os San Andresiños son as figuras típicas de San Andrés de Teixido (Santuario de peregrinación situado en Cedeira) feitas e coloreadas a man de miga de pan. Teñen unhas cores moi vivas e son os amuletos máis orixinais que podes atopar en esta pintoresca aldea. Son recoñecidos como artesanía de Galicia polo seu carácter manual e a súa tradición.
Nós fixemos a nosa interpretación ilustrada destas figuriñas e así poderás desaiunar cada día con un destes amuletos. Pódelas mercar por separado ou en packs que podes atopar tamén na nosa tenda.
As tazas están deseñadas e estampadas no noso estudio en Cedeira con moito coidado e agarimo e utilizando materiais de primeira calidade.
As tazas esmaltadas teñen o seu interior metálico, polo que non son aptas para o microondas!!